Friday 17 de May de 2024

Aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas durante o verán de 2021


A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), presenta unha serie de actividades deportivas para a tempada de verán neste 2021.

O programa inclúe propostas para a rapazada (fútbol praia e xogos na praia), así como para as persoas adultas (pilates, camiñadas + estiramentos e camiñadas para maiores). Ademais destas, os propios clubs levarán a cabo outras en colaboración co departamentos dos Deportes: tenis praia, tenis, patinaxe artística, baloncesto, atletismo, fútbol base, remo, tiro con arco e volei praia.

Tódalas disciplinas van impartirse seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19.

As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse na oficina de Deportes do Concello, situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545 e enderezo electrónico deportes@apobra.gal.

Así mesmo, ao longo do estío haberá diversas competicións deportivas coma, por exemplo, a regata de traiñeiras Bandeira Concello da Pobra, o Triatlón, o trofeo Conde Fenosa de fútbol ou a Milla Urbana Nocturna.